Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24336

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (XVB 277/2019).

Eu, María Encina Redondo Verdial, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña, fago saber que neste órgano xudicial se tramita procedemento de xuízo verbal 277/2019, seguido por instancia de Banco Santander, S.A. contra a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Alfredo Giraldes López, no cal se ditou a Sentenza do 4 de novembro de 2021 que por medio deste se lles notifica á herdanza xacente e aos herdeiros descoñecidos de José Alfredo Giraldes López. As partes son informadas de que a sentenza non é firme e de que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días desde a súa notificación, e os notificados poderán ter coñecemento íntegro dela na oficina xudicial deste xulgado.

Neste edicto inclúense os datos estritamente necesarios para acadar o seu fin, ordenados pola Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos.

Para que conste e lle sirva de notificación da referida sentenza á parte demandada, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza