Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 29 de abril de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Trasmiras a favor dos/das veciños/as de Trasmiras, na parroquia de Trasmiras (San Xoán), no concello de Trasmiras.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 21 de abril de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: De Trasmiras.

Superficie: 0,65 ha (segundo os datos do Rexistro da Propiedade), 0,6 ha (segundo os datos catastrais).

Pertenza: veciños/as de Trasmiras.

Parroquia: Trasmiras (San Xoán).

Concello: Trasmiras.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas obxectos de clasificación, así como as das estremeiras.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32083A50301314

Norte

32083A50321315

32083A50311315

Leste e sur

Camiño (sen referencia catastral)

Oeste

Terreo de dominio público polo que ten acceso á N-525 (sen referencia catastral)

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 29 de abril de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense