Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 3602206-I/94 e tres máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación dos actos administrativos no último enderezo coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante este anuncio emprázanse as ditas persoas interesadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro dos requirimentos de documentación e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, advírteselles que, de non faceren a emenda no prazo establecido nos requirimentos unha vez notificadas por comparecencia, se considerarán desistidas das solicitudes logo das resolucións ditadas ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 8 de abril de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650G

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Data do acto do requirimento

76827361R

3602206-I/94

16.12.2020

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Data do acto do requirimento

35981624X

3600722-X/13

16.11.2020

53821495T

3600724-X/20

1.12.2020

76497107G

3600026-X/21

8.2.2021