Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24296

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 27 de abril de 2021 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 1 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 46, do 9 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ás funcionarias que se expresan no anexo desta orde, seleccionadas conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 1 de marzo de 2021.

Segundo. O cesamento no actual destino das funcionarias que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino as funcionarias están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa as funcionarias, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Moure Cabello, María José.

NRP: ****954557 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: director/a residencia.

Código: PS.C99.40.210.32001.001.

Nivel: 24.

Dependencia: Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Tato Quiroga, Cristina.

NRP: ****088202 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: PS.C99.40.801.32190.001.

Nivel: 22.

Dependencia: Residencia de Maiores (O Carballiño).

Localidade: O Carballiño.