Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO do convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto coñecido como Parque Coto de Canedo (expediente de xestión urbanística 2020020923).

De conformidade co establecido nos artigos 168 da Lei de Galicia 2/2016, do solo de Galicia, e 401 do seu regulamento e no Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, sométese á información publica polo prazo dun mes o convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto coñecido como Parque Coto de Canedo.

As partes que comprometen a súa sinatura son:

– O Concello de Ourense.

– A Xunta de Compensación do Polígono 1 da AR 2 da zona 2 do SU 32 do PXOU de Ourense de 1986.

– E a Xunta de Compensación do Polígono 4 da AR 2 da zona 2 do SU 32 do PXOU de Ourense de 1986.

O contido íntegro do devandito convenio está dispoñible no sitio http/sede.ourense.gob.es (código CSV: AUHYMYJ843DXGDZR) e na páxina web do Concello (ourense.gal), na epígrafe Áreas-Urbanismo, licenzas e vivenda-Taboleiro de anuncios.

Ourense, 19 de abril de 2021

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente