Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 234/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario PO 234/2018 deste xulgado do social, seguido contra Sardy Brasa, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Moreno Iglesias fronte a Sardy Brasa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.156,42 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

E para que sirva de notificación na forma legal a Sardy Brasa, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza