Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24065

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (944/2014).

Eu, Alejandro Manuel Rova Fraga, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, mediante o presente edicto anuncio:

«Sentenza nº 154.

Vigo o catorce de marzo de dous mil dezaseis.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 944/2014, sobre xuízo ordinario de privación da patria potestade; actuaba como demandante Mónica López Camba, representada polo procurador dos tribunais José Francisco Vaquero Alonso e con asistencia letrada de Jorge Juan Martínez González, contra Celso Agustín Alonso Celada, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Vaquero Alonso, en nome e representación de Mónica López Camba contra Celso Agustín Alonso Celada, como demandado, declarado en situación procesual de rebeldía, admito esta na súa integridade e decreto a privación total da patria potestade de Celso Agustín Alonso Celada respecto do seu fillo menor de idade Xabier Alonso López.

Sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento do menor para os efectos oportunos e déixese constancia diso nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E estando o devandito demandado, Celso Agustín Alonso Celada, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a este.

Vigo, 15 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza