Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en relación co procedemento ordinario número 90/2021, interposto por María Obdulia Gómez Díaz, José Cameán Pérez, Juan Carlos Cameán Gómez, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 8.1.2021, interposto contra outra do 22.1.2016, expediente COR/264/2014-RP1, en que declara que as obras e actuacións realizadas en solo rústico, consistentes nunha parcelación urbanística, apertura dun camiño e execución de edificacións e construcións auxiliares nas parcelas catastrais 15042A145002270000RW, 15042A145002260000RH e 15042A145000230000RR, sitas no lugar de Ribela-Vilaño, Concello da Laracha, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a reagrupación física e xurídica nun só predio, dos lotes ou porcións resultantes da parcelación e a restitución dos terreos á situación anterior á actuación ilegal, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Marisol Ramos García para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística