Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 23917

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de xaneiro a abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego
e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Meniños para o desenvolvemento dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia

23.4.2021

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Aliad-Ultreia para o mantemento dun dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de explotación sexual e trata no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

27.4.2021

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Asociación para Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais-Alar Galicia, para o desenvolvemento do Proxecto Fénix de medidas de intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

27.4.2021

25.000,00€