Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 28 de abril de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-14/20 a citación para a entrega do prego de cargos.

A instrutora do procedemento intentou notificar ao interesado o prego de cargos. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa interesada, a referencia do procedemento e o trámite a que se convoca:

Persoa citada: 33278493T.

Procedemento: SXRH-PD-14/20.

Trámite: citación para o día 25.5/2021, ás 10.00 horas, no Servizo Territorial da Inspección Educativa de Pontevedra (sito na avenida María Victoria, Núm. 43, andar 7º, en Pontevedra), co obxecto de entregarlle o prego de cargos.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade