Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23725

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de abril de 2021 pola que se modifica a autorización do centro privado Fesán, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Advertido erro na orde que se cita, publicada no DOG número 79, do 28 de abril de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 21140, onde di:

«a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• CS Anatomía patolóxica e citoloxía (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Imaxe para o diagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Laboratorio de diagnóstico clínico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha)».

Debe dicir:

«a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Laboratorio clínico e biomédico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha)».