Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de abril de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción denominado Fomento da Mobilidade Sustentable, itinerario peonil e ciclista na AC-213 na Telva (pp.qq. (puntos quilométricos) 1+840-2+340), de clave AC/20/009/.06.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 6 de marzo de 2021 aprobouse provisionalmente o contido do documento para información pública do proxecto de construción: fomento da mobilidade Sustentable. Itinerario peonil e ciclista na AC-213 na Telva pp.qq. 1+840-2+34, de clave: AC/20/009/06.1, nos municipios de Cambre e Culleredo.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a «Estratexia en materia de Mobilidade Alternativa de Galicia», entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na «Estratexia en materia de Mobilidade Alternativa de Galicia», o documento «Fomento da Mobilidade sustentable. Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca da Coruña e concellos limítrofes», de clave AC/14/062.06 onde se propón, entre outros, a creación dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-213 que se recolle no proxecto construtivo que nos ocupa.

As obras consisten na execución de dúas sendas na marxe da estrada AC-213 nos municipios de Cambre e Culleredo (A Coruña), diferenciándose dous itinerarios:

• Senda peonil entre o núcleo do Burgo e Os Campóns.

• Senda peonil e ciclista entre O Burgo e A Telva: discorre en paralelo ao río Mero ata A Telva, continuando pola senda existente no Polígono de Alvedro ata a estrada N-550.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e aos efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública aos efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Cambre (Atrio, 1, 15660 Cambre, A Coruña) e Casa do Concello de Culleredo (Concello, 12 15189 Culleredo, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-213 na Telva (pq 1+840-2+340)

Clave AC/20/009/.06.1

Concello de Culleredo.

Nº orde

Referencia catastral

Polígono/ masa

Parcela

Titular

Sup catastral (m²)

Superficie afectada (m²)

Tipo de terreo

Elementos valorables

Nome

NIF/CIF

Coef. participación

Ocupación definitiva

Ocupación temporal

Total

Segundo catastro

Segundo planeamento

Segundo
RD 7/2015 Lei do solo

Tipo

1

2045901NH5924N0001

20459

1

Concello de Culleredo

-----

100,00 %

3.241,00

596,52

544,06

1.140,58

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

Tala árbores

2

2045903NH5924N0001

20459

3

Descoñecido

-----

100,00 %

212,00

39,14

18,87

58,01

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

3

2045904NH5924N0001

20459

4

Descoñecido

-----

100,00 %

245,00

47,68

21,63

69,31

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

Tala árbore

4

2045905NH5924N0001

20459

5

Monijo, S.L.

B-15644388

100,00 %

9.509,00

454,31

262,13

716,44

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

Peche portal de malla

5

1945710NH5914N0001

19457

10

Invega46, S.L.

B-15680028

100,00 %

1.033,00

26,90

38,02

64,92

Urbano

Urbano residencial

Urbanizado

1945710NH5914N0002

Sánchez Mallo José Manuel

***8259**

100,00 %

1945710NH5914N0003

Suárez Ferreño José Luis

***6000**

50,00 %

1945710NH5914N0003

Blanco Sánchez Carmen Pilar

***6961**

50,00 %

6

1945711NH5914N0001

19457

11

Mella Cacheiro Manuela (Hros.)

***8981**

100,00 %

478,00

23,31

33,12

56,43

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

Peche de malla

7

1844812NH5914S0000GG

18448

12

Cristalería Caamaño, S.L.

B-15073182

100,00 %

4.248,00

13,07

39,93

53,00

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

8

1943901NH5924S0001

19439

1

Lois Bermúdez Jose Manuel

***5377**

100,00 %

1.102,00

12,67

95,38

108,05

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

9

1943902NH5924S0001

19439

2

Martinsa-Fadesa, S.A.

A-80163587

100,00 %

4.053,00

98,33

146,93

245,26

Urbano

Urbano industrial

Urbanizado

Concello de Cambre.

Nº orde

Referencia catastral

Polígono/ masa

Parcela

Titular

Sup catastral (m²)

Superficie afectada (m²)

Tipo de terreo

Elementos valorables

Nome

NIF/CIF

Coef. participación

Ocupación definitiva

Ocupación temporal

Total

Segundo catastro

Segundo planeamento

Segundo RD 7/2015 Lei do solo

Tipo

10

1941906NH5914S000GG

19419

6

Matranslo, S.L.

B-15502925

100,00 %

3.203,00

19,52

74,03

93,55

Rústico

Urbano Industrial

Urbanizado

11

1941905NH5914S0001UH

19419

5

Pablo Doldán, Carmen

***5624**

50,00 %

1.299,00

33,86

0,00

33,86

Urbano

Urbano Industrial

Urbanizado

García Luna, Antonio

***7674**

50,00 %