Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 23 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 46953 e cinco máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Vigo, 23 de abril de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

46953

116950352 (representante 15884070V)

23.3.2021

47075

AV716462

24.2.2021

47099

IS4809649

25.2.2021

47537

133702385

12.3.2021

47591

AV102432

17.3.2021

47719

Y7428989A

24.3.2021