Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes nas parcelas sitas no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos coa rúa San Nicolás (expediente 631/2020/65).

O Pleno do concello, na sesión que tivo lugar o 4 de mazo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes nas parcelas situadas no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos coa rúa San Nicolás. A Coruña. Febreiro 2021, redactado polo arquitecto Jorge Salgado Cortizas, colexiado número 1.879 do COAG, e promovido polo Concello da Coruña.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamiento/planeamiento vixente»; ou ben, desde a mesma web, a través do visor «desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 12 de abril de 2021

A alcaldesa
P.D. (Dispositivo terceiro, letra e) do Decreto 3847, do 27.6.2019)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade