Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23359

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2021 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Investigación Química e Química Industrial.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 8 de xullo de 2020.

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación Química e Química Industrial pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que queda configurado segundo consta no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Investigación Química e Química Industrial pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4314854.

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

15

Optativas

21

Traballo fin de máster

24

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Determinación Estrutural Avanzada

3

OB

Módulo común

Procesos Industriais e Sustentabilidade

3

OB

Validación de Metodoloxías Analíticas

3

OB

Caracterización de Materiais e Biointerfases

3

OB

Transferencia e Comunicación Científica

3

OB

Fisicoquímica de Medios Naturais

3

OP

Especialidade: Química do Medio Natural

Química do Medio Ambiente

3

OP

Técnicas para o Control da Contaminación Ambiental

3

OP

Xestión e Valorización de Residuos

3

OP

Enerxía e Medio Ambiente

3

OP

Iniciación á Investigación

6

OP

Química Supramolecular

3

OP

Especialidade: Química Sintética

Síntese Estereoselectiva

3

OP

Química de Coordinación Aplicada

3

OP

Química Organometálica

3

OP

Aplicacións Sintéticas dos Compostos Organometálicos

3

OP

Iniciación á Investigación

6

OP

Química de Biomoléculas

3

OP

Especialidade: Química Biolóxica

Química Médica

3

OP

Química de Produtos Naturais

3

OP

Metais en Procesos Biolóxicos

3

OP

Análises Clínicas e Toxicolóxicas

3

OP

Iniciación á Investigación

6

OP

Propiedades de Materiais

3

OP

Especialidade: Nanomateriais e Novos Materiais

Preparación de Nanomateriais

3

OP

Técnicas Avanzadas de Caracterización de Materiais

3

OP

Materiais Moleculares e Poliméricos

3

OP

Aplicacións dos Nanomateriais e Novos Materiais

3

OP

Iniciación á Investigación

6

OP

Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica

3

OP

Especialidade: Técnicas Analíticas Avanzadas

Cromatografía e Técnicas Analíticas de Separación

3

OP

Técnicas Avanzadas de Preparación da Mostra

3

OP

Técnicas Atómicas Avanzadas e Sensores

3

OP

Espectrometría de Masas Analítica

3

OP

Iniciación á Investigación

6

OP

Química Industrial: Control de Procesos

3

OP

Especialidade: Química Industrial

Calidade nos Laboratorios Químicos

3

OP

Seguridade Industrial

3

OP

Sistemas de Xestión na Industria Química

3

OP

Lexislación Industrial

3

OP

Economía e Empresa

3

OP

Recursos Humanos

3

OP

Xestión de Proxectos

3

OP

Traballo fin de máster

24

OB

Traballo fin de máster

Especialidades:

Orientación investigadora:

– Especialidade en Química do Medio Natural.

– Especialidade en Química Sintética.

– Especialidade en Química Biolóxica.

– Especialidade en Nanomateriais e Novos Materiais.

– Especialidade en Técnicas Analíticas Avanzadas.

Orientación profesionalizante:

– Especialidade en Química Industrial.

Os/as alumnos/as deberán superar obrigatoriamente as materias do módulo común (15 créditos), 21 créditos de materias optativas e un traballo de fin de máster de 24 créditos.

Na orientación investigadora o alumno cursará obrigatoriamente a materia práctica iniciación á Investigación (6 ECTS) máis outros 15 créditos elixidos libremente dos módulos de: Química do Medio Natural; Química Sintética; Química Biolóxica; Nanoquímica e Novos Materiais, e Técnicas Analíticas Avanzadas. Para obter unha especialidade por esta orientación deberán cursar os 15 ECTS dentro do módulo da especialidade elixida; de non ser así obterán a titulación pola orientación investigadora sen especialidade: neste caso o/a alumno/a tamén ten que cursar obrigatoriamente a materia Iniciación á Investigación.

Na orientación profesionalizante o alumno cursará obrigatoriamente a materia Xestión de Proxectos (3 ECTS) máis outros 18 ECTS do Módulo de Química e Economía Industrial.

No caso de o alumno querer cursar máis dunha especialidade non tería que volver realizar o módulo común nin o TFM.