Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2013/00030 e tres máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada xefatura territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 19 de abril de 2021

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo en Ourense

ANEXO

Nº expediente

NIF/equivalente

OU-2013/00030

2373669

OU-2016/00131

063486274

OU-2020/00008

RD5049154

OU-2020/00106

75918393Q