Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Lúa, do concello de Pol (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Lúa, situado na parroquia de San Martín de Lúa, no Concello de Pol:

Día: 4 de xuño de 2021.

Hora: 18.30 horas, en primeira convocatoria. 19.00 horas, en segunda.

Lugar: teleclub do pobo de Lúa, xunto á igrexa de San Martín de Lúa.

Concello: Pol.

Orde do día:

1. Aprobación dos estatutos do monte abertal de Lúa.

2. Constitución da xunta xestora.

3. Rolda de intervencións.

Lugo, 23 de abril de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo