Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 1 de setembro de 2020 (publicado no BOE do 17 de setembro pola Resolución do secretario xeral de universidades do 3 de setembro de 2020).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo
Código RUCT: 4317355.
Rama de coñecemento: ciencias da saúde.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Modalidade de impartición: presencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias ................................................ |
21 |
Optativas .................................................... |
18 |
Prácticas externas OB................................ |
6 |
Traballo fin de máster................................. |
15 |
Créditos totais............................................. |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
Introdución á Nanociencia e Nanotecnoloxía |
6.00 |
OB |
Módulo básico |
Materiais e as súas propiedades: de macro a nano |
3.00 |
OB |
|
Ciencia de superficies e coloides |
3.00 |
OB |
|
Introdución ás técnicas de preparación e caracterización de nanoestruturas |
3.00 |
OB |
|
Fundamentos da Bio-Nanotecnoloxía |
3.00 |
OB |
|
Planificación estratéxica e xestión de proxectos |
3.00 |
OB |
|
Simulación computacional |
3.00 |
OP |
Tecnoloxía de nanomateriais |
Nanoelectrónica: conceptos, materiais e aplicacións |
3.00 |
OP |
|
Nanomagnetismo: conceptos, materiais e aplicacións |
3.00 |
OP |
|
Nanofotónica: conceptos, materiais e aplicacións |
3.00 |
OP |
|
Nanomecánica: dispositivos electromecánicos e aplicacións estruturais |
3.00 |
OP |
|
Nanocatálise: conceptos, materiais e aplicacións |
3.00 |
OP |
|
Modelización computacional de biomateriais |
3.00 |
OP |
Bio-Nanotecnoloxía |
Nanoterapia I: sistemas de liberación de substancias activas |
3.00 |
OP |
|
Nanoterapia II: nanoterapia física e nanotecnoloxías en produtos sanitarios |
3.00 |
OP |
|
Diagnóstico e Nanoteranose |
3.00 |
OP |
|
Nanofabricación e Rexeneración Tisular |
3.00 |
OP |
|
Nanotoxicoloxía e Ecotoxicoloxía |
3.00 |
OP |
|
Prácticas externas |
6.00 |
OB |
Prácticas externas e traballo fin de máster |
Traballo fin de máster |
15.00 |
OB |
O máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía non prevé especialidades, pero si ofrece dous itinerarios que poden axudar a configurar as preferencias do alumnado:
a) Itinerario orientado á formación en Tecnoloxía de Nanomateriais, que cobre: simulación computacional, nanoelectrónica, nanomagnetismo, nanofotónica, nanomecánica e nanocatálise.
b) Itinerario orientado á formación en Bio-Nanotecnoloxía, que abranxe: modelización computacional de biomateriais, nanoterapia, prevención, diagnóstico, nanoteranose (nanoteragnóstico), nanofabricación e rexeneración tisular, nanotoxicoloxía e ecotoxicoloxía.
Para obter a titulación por un itinerario o alumno deberá cursar os 18 créditos optativos do módulo correspondente. Tamén pode obter o título sen itinerario se prefire elixir materias dos dous módulos en función dos seus intereses.