Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 7 de maio de 2021 Páx. 23056

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de abril do 2021 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 14 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de seguimento e control na zona demarcada entre 1,5 e 20 km e zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus Xylophilus no territorio declarado en corentena para o ano 2021 na provincia de Pontevedra. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: seguimento e mantemento de actuacións para a erradicación do nematodo do piñeiro, en pes sintomáticos na zona demarcada entre 1,5 e 20 km desde o foco en que se detectou a presenza de Bursaphelenchus xylophilus.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos dous mil cento oitenta e sete con vinte e sete céntimos (1.502.187,27 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E.604.1 (código de proxecto 2012 00745).

2. Resolución do 11 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de Servizo de mantemento e cría do parasitoide Tamarixia dryii para o control biolóxico da praga producida pola psila africana Trioza erytreae. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mantemento de liñas xenéticas e cría do parasitoide Tamarixia dryi, para o control biolóxico da praga de Trioza erytreae que afecta os cítricos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e oito mil cento cincuenta e seis con setenta e tres céntimos (78.156,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4, (código de proxecto 2009 00759).

3. Resolución do 11 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de camiños secundarios da zona de reestruturación parcelaria de Barbeito, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución de 24 camiños na zona de reestruturación parcelaria de Barbeito, no concello de Vilasantar (A Coruña).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos trinta e tres mil trinta e sete euros con vinte e seis céntimos (333.037,26 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1, (código de proxecto 2016 00219).

4. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de camiños secundarios da zona de reestruturación parcelaria de Trazo, (Trazo-A Coruña), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución de 19 camiños na zona de reestruturación parcelaria de Trazo, no concello de Trazo (A Coruña).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos quince mil novecentos cincuenta e oito euros con cincuenta e seis céntimos (215.958,56 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1, (código de proxecto 2016 00219).

5. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de camiños secundarios da zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución de 17 camiños na zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar (A Coruña).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos cincuenta e catro mil douscentos corenta e tres euros con nove céntimos (254.243,09 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de camiños secundarios da zona de reestruturación parcelaria de Vilantime (Arzúa-Santiso-A Coruña), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución de 26 camiños na zona de reestruturación parcelaria de Vilantime (Arzúa-Santiso-A Coruña).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos sesenta e un mil oitocentos corenta e un euros con noventa e oito céntimos (261.841,98 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

7. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de camiños de servizo e obra na zona de reestruturación parcelaria de Baión-2ª fase, (Vilanova de Arousa-Pontevedra), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución de 54 camiños na zona de reestruturación parcelaria de Baión-2ª fase, (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cento dezasete mil cento oito euros con setenta e cinco céntimos (1.117.108,75 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1, (código de proxecto 2016 00219).

8. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de ponte sobre o río Saramo en Quián (Boqueixón-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: construción dunha nova ponte sobre o río Saramo, ao seu paso polo lugar de Quián, parroquia de Sergude, concello de Boqueixón (A Coruña).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e nove mil seiscentos corenta e nove euros con dezaseis céntimos (149.649,16 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

9. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos de rehabilitación de piso da vía de Herbogo a Rubieiro (Rois-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: rehabilitación do piso dun camiño de titularidade municipal no lugar de Herbogo, concello de Rois (A Coruña).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e nove mil oitocentos corenta e tres euros con trece céntimos (59.843,13 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1, (código de proxecto 2016 00219).

10. Resolución do 24 de marzo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos da rede de camiños secundarios e as súas medidas de protección ambiental e integración paisaxística da ZRP de San Tomé (Cartelle-Ourense), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución da obra rede de camiños secundarios e as súas medidas de protección ambiental e integración paisaxística da ZRP de San Tomé, situada en Cartelle (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón douscentos trinta e un mil cento noventa e nove euros con cincuenta e seis céntimos (1.231.199,56 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

11. Resolución do 22 de marzo de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa) os traballos do proxecto de colaboración de servizos técnicos para a colocación dos marcos por causa das modificacións e resolucións do acordo e execución de sentenzas de contenciosos administrativos nas zonas de concentración de parcelaria de Ourense.

– Actividade: traballos de xeolocalización e xeorreferenciación dos novos predios resultantes das distintas resolucións das modificacións do acordo, dos recursos, execución de sentenzas de contenciosos administrativos, recoñecementos de descoñecidos e faltas de cabida en diversas zonas de concentración parcelaria da provincia de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e un mil euros con noventa e un céntimos (61.000,91 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

12. Resolución do 14 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) os traballos de apoio no plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp e Tecia solanivora). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no plan de control e/ou erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia (Bursaphelenchus xylophilus, Epitrix spp, Tecia solanivora, Trioza erytreae) e loita contra a Arvicola Sherman, así como todas as establecidas no Regulamento delegado (UE) 2019/1702 de pragas prioritarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos cincuenta e nove mil seiscentos oitenta e catro euros con corenta e cinco céntimos (1.559.684,45 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.713E.640.1, 14.04.712B 640.4 e 14.04.713E 604.1 (códigos de proxecto 2009 00724, 2009 00759 e 2012 00745).

13. Resolución do 21 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) os traballos de realización dos Programas de Sanidade e Produción Animal 2021. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: xestión dos traballos dos Programas de Sanidade e Produción Animal en Galicia durante o ano 2021.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de sete millóns seiscentos oitenta e oito mil novecentos oitenta e tres euros con once céntimos (7.688.983,11 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E.640.1 (códigos de proxecto 2010 00977 e 2013 00713).

14. Resolución do 14 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) os traballos de tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia 2021, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: servizos técnicos de apoio na xestión de expedientes de axudas relativos á instalación de agricultores mozos, á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias e de apoio na xestión de expedientes de axudas relativos á modernización de explotacións agrarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e catro mil setecentos oitenta e oito euros con dous céntimos (64.788,02 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184).

15. Resolución do 11 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) os traballos de apoio na actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, 2021. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola co obxecto de facilitar o acceso á información sobre as características da maquinaria e elaborar políticas de mecanización agraria e de procedementos para o control de determinadas máquinas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta e cinco mil catrocentos cincuenta e catro euros con setenta e catro céntimos (165.454,74 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

16. Resolución do 21 de decembro de 2020, da Consellería do Medio Rural, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) os traballos de apoio técnico á representación autonómica de Galicia na formación de agricultura do Consello da UE. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: o obxecto do presente encargo é prestar un servizo de apoio técnico á representación da Comunidade Autónoma de Galicia na área da agricultura diante do Consello da Unión Europea en Bruxelas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e un mil catrocentos trinta euros con cincuenta e oito céntimos (91.430,58 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.1 (código de proxecto 2014 00616).

Santiago de Compostela, 16 de abril do 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural