Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23034

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha instalación turística con bodega en Condide, Pontecesures.

Mediante o Decreto número 2021-0163, do 14 de abril de 2021, o alcalde do Concello de Pontecesures resolveu aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha instalación turística con bodega en Condide, Pontecesures, promovido por Rullo Baixo Ulla, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Secretaría do concello en horario de atención ao público, previa cita no 986 55 71 25, polo prazo de dous meses, para os efectos da presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Pontecesures, 15 de abril de 2021

Juan Manuel Vidal Seage
Alcalde