Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación da monetización do aproveitamento correspondente ao Concello na UA 55A.

Departamento de Urbanismo e Patrimonio.

Expediente 2020/X999/000028.

A Xunta de Goberno Local, tras os trámites e informes preceptivos de conformidade coa tramitación regulamentaria, en sesión ordinaria realizada por medios telemáticos o xoves 11 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación da monetización do aproveitamento correspondente ao Concello na UA 55A.

No certificado da Xunta de Goberno Local (XGL) figuran os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar o texto inicial do convenio urbanístico de xestión que se subscribirá entre o Concello de Arteixo e Francisco Moreira López, que ten por obxecto monetizar o aproveitamento municipal concretado na porcentaxe de 37,27 % en pro indiviso co solicitante, para os efectos de deixalo sen efecto e coa finalidade de destinar o ingreso aos fins establecidos na Lei do solo de Galicia (LSG) para o patrimonio municipal do solo, cuxo contido íntegro poderá ser consultado na sede do Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo logo de cita.

Segundo. Facultar o alcalde do Concello de Arteixo para a sinatura do convenio proposto, que dará conta individualizada á Xunta de Goberno Local.

Terceiro. Someter o convenio ao trámite de información pública mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, polo período dun mes, en que se indicarán o lugar e o horario da posta á disposición do contido íntegro do convenio.

Cuarto. Tras a información pública, de non presentarse alegacións, o texto inicial aprobado e o documento aprobado entenderanse definitivos sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación pola Xunta de Goberno Local. Esta aprobación e a formalización acordada producirán plenos efectos xurídicos.

Para o caso de que existan alegacións, resolveranse, e, unha vez aprobado o texto definitivo do convenio, deberá ser asinado, dentro dos quince días seguintes ao da notificación da aprobación do texto definitivo, pola persoa ou persoas interesadas, privadas ou públicas. Transcorrido este prazo sen que o convenio se asine, quedará sen efecto.

Arteixo, 31 de marzo de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía 1546/2020, do 10 de xullo,
modificada pola Resolución nº 3056/2020, do 18 de decembro)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio