Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22885

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 22 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2020/21 (código de procedemento ED322A).

BDNS (Identif.): 561388.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2020/21.

Segundo. Requisitos

Cidadáns/ás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia legalizada no Estado español, matriculados/as no curso 2020/21 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2020/21 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2020/21 (código de procedemento ED322A).

Cuarto. Contía das axudas

195 €/mes, 165 €/mes ou 125 €/mes, dependendo do país de destino e, de ser o caso, adicionalmente, 500 € para os expedientes académicos que posúan unha maior nota media, cun orzamento máximo total de 40.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade