Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificacións non substanciais de autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación de porcos de ceba

Procedemento: transmisión da autorización

Titular: Explotaciones porcinas As Cabanas, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2008/0049_NAA/IPPC_232

Localización: Paraxe do Río, concello de Sarreaus (Ourense)

Expediente: 2020-IPPC-M-169

Instalación: explotación de porcos de ceba

Procedemento: transmisión da autorización

Titular: Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0040_NAA/IPPC_121

Localización: parroquia de Couso de Limia, concello de Sandiás (Ourense)

Expediente: 2020-IPPC-M-170

Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados

Corrección de erros dunha modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Codisoil, S.A.

Expediente: 2020-IPPC-M-146

Localización: O Porriño (Pontevedra)

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-40-276

Instalación: matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de produtos cárnicos e planta de incineración de galiñaza

Corrección de erros dunha modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Ourensanas, S.C.G. (Coren)

Expediente: 2018-IPPC-M-115

Localización: concello de Ourense (Ourense)

Núm. rexistro AAI: 2007/0081_NAA/IPPC_143

Estas resolucións poderanse consultar en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático