Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de abril de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 96/2021 no expediente de reposición da legalidade COR/264/2014-RP1.

Para dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña, en relación co procedemento ordinario número 96/2021, interposto por María del Carmen Gómez Díaz, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 8.1.2021, interposto contra outra do 22.1.2016, expediente COR/264/2014-RP1, na cal declara que as obras e actuacións realizadas en solo rústico consistentes nunha parcelación urbanística, apertura dun camiño e execución de edificacións e construcións auxiliares nas parcelas catastrais 15042A145002270000RW, 15042A145002260000RH e 15042A145000230000RR, sitas no lugar de Ribela-Vilaño, concello da Laracha, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a reagrupación física e xurídica nun só predio dos lotes ou porcións resultantes da parcelación e a restitución dos terreos á situación anterior á actuación ilegal, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Marisol Ramos García para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística