Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2018/3809-2 e dez máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 14 de abril de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

PR204A2018/3809-2

13103033W

Perda sobrevida do obxecto

PR204A2020/4161-2

45462799X

Denegatoria do dereito

PR204A2021/76-2

71422775R

Denegatoria do dereito

PR204A2021/226-2

Y5531418R

Resolución de desistencia

PR204A2021/367-2

36153890Y

Denegatoria do dereito

PR204A2021/367-2

36153890Y

Resolución corrección erros

PR204A2021/451-2

Y2228198H

Denegatoria do dereito

PR204A2021/860-2

33326468C

Denegatoria do dereito

PR204A2021/960-2

34271768C

Denegatoria do dereito

PR204A2021/974-2

34298094B

Denegatoria do dereito

PR204A2021/1211-2

33858836F

Denegatoria do dereito