Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a ampliación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre no concello de Cambados (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a ampliación do establecemento que se describe:

Solicitante: Aquacría Arousa, S.L. (B36296945).

Tipo: granxa mariña.

Proxecto: ampliación de piscifactoría de cría de linguado en nova planta.

Localización: lugar de Bico da Ran, Sartaxes, Castrelo, concello de Cambados (Pontevedra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica