Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2020047AM-OU, incoado na Xefatura Territorial de Ourense á persoa/entidade que se sinala no anexo.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para pagar a sanción nos prazos establecidos. De non facelo así, realizarase o seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021
Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2020047AM-OU.
Documento de identificación: 76727418Q.
Último enderezo coñecido: rúa Erbedelo, 34, local 62, 32002 Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.007,00 €.