Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de abril de 2021, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo, polo que se notifica o requirimento da documentación necesaria para iniciar o procedemento RP-2020-0021-L, de reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da asistencia sanitaria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no domicilio da persoa interesada que se especifica no anexo e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o contido íntegro e para constancia de tal coñecemento.

Para tal efecto, a persoa interesada no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio poderá consultar o expediente, obter copia e realizar as alegacións que considere oportunas, xuntando os documentos preceptivos, se for o caso. O expediente estará ao dispor da persoa interesada nas dependencias da Inspección de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en Lugo, sita na rúa María Balteira, núm. 1, 1º andar, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida e considerarase desistida da súa solicitude conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015.

Lugo, 20 de abril de 2021

Jesús Santiago Ares Martínez
Xefe do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo

ANEXO

Nº expediente: RP-2020-0021-L.

DNI da persoa interesada: 33327536F.

Último enderezo coñecido: Rocafort, 113, pral. 2, 08015 Barcelona.

Data do requirimento: 3.6.2020.

Tipo de requirimento: emenda da reclamación.