Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo para a cobertura, por promoción interna, dunha praza de oficial xardineiro do Concello de Ames mediante o procedemento de concurso-oposición.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 18 de febreiro de 2021, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura por promoción interna dunha praza de oficial xardineiro do Concello de Ames mediante o procedemento de concurso-oposición

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña, núm. 37, do 25 de febreiro de 2021. Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Ames, 25 de febreiro de 2021

José M. Miñones Conde
Alcalde