Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 30 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte do Cordal, no concello de Friol (Lugo) (expediente IN408A 2018/33).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Greenalia Wind Power, S.L., NIF B70501473.

Domicilio social: praza María Pita, nº 10, 1º andar. 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte do Cordal.

Municipios afectados: concello de Friol (Lugo).

Potencia que se vai instalar: 12,6 MW.

Núm. aeroxeradores que se van instalar: 3×4,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta: 47.412 MWh/ano.

Prazo de execución: 5 meses.

Orzamento total (execución material): 10.663.908,91 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Monte do Cordal (Friol)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

578.165

4.764.044

2

588.847

4.762.128

3

589.134

4.761.786

4

589.726

4.761.786

5

591.422

4.763.599

6

590.626

4.766.782

7

588.785

4.765.863

Aeroxerador

Parque eólico Monte do Cordal (Friol)

ETRS89 H29

Municipios

UTM-X

UTM-Y

AE 1

589.897

4.765.974

Friol

AE 2

590.150

4.765.701

Friol

AE 4

590.447

4.765.064

Friol

Centro de seccionamento e control

Parque eólico Monte do Cordal (Friol)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

590.480

4.764.928

Características técnicas das instalacións:

• 3 aeroxeradores de 4,2 MW de potencia unitaria, con velocidade e paso variable, altura ata a buxa de 107 m e un diámetro de rotor de 150 m.

• 2 liñas de evacuación de la enerxía eléctrica dos xeradores en 30 kV con condutores tipo RHZ1 18/30 kV de 1×240 mm2 en sistema trifásico ata o centro de control do parque eólico.

• 1 centro de control do parque eólico en edificio prefabricado coas proteccións das diferentes liñas eléctricas e dos equipamentos de medida, protección e control do parque eólico.

• 1 liña de evacuación da enerxía do parque eólico desde o centro de control deste parque eólico ata a subestación prevista do parque eólico de Friol, formada por un circuíto de condutor tipo RHZ1 18/30 kV de 1×400 mm2 en sistema trifásico (a subestación do parque eólico de Friol non forma parte deste proxecto).

• As liñas de comunicación de fibra óptica indicadas no proxecto.

Ademais de todos os servizos e sistemas auxiliares indicados, como poden ser canalizacións subterráneas, sistemas de posta á terra, cimentacións, camiños de acceso, etc.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

• O proxecto de execución (febreiro 20-visado o 23.11.2020).

• A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-febreiro 20-asinada 27.2.2020), que figura no anexo a este acordo.

• Planos individuais dos predios afectados (outubro 2020).

• O estudo de impacto ambiental (EIA) (febreiro 20-asinado 25.11.2020).

• O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (febreiro 20-visado o 23.11.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia), para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 51 e 982 29 48 04), así como no Concello de Friol (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/monte-do-cordal

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Lugo, 30 de marzo de 2021

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Monte do Cordal (IN408A 2018/33)
no concello de Friol (Lugo)

Predio

Titular(es)

Datos catastrais

Lugar

Uso

Nº aero

Afeccións (m2)

Ocup.

temp

Pleno dominio

Serv. paso

Serv. voo

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Centro secc.

T. met.

Vieiro

Gabia

Concello de Friol

1

MVMC de Silvela exp. 40/75

145

8

Cortiña

MM piñeiral madeireiro

AE 1

2

355

 

 

1.579

782

7.808

 

2

MVMC de Silvela exp. 40/75

144

37

Picha

MM piñeiral madeireiro

AE 1

433

2.504

 

 

1.662

691

2.846

 

3

MVMC de Silvela exp. 40/75

144

36

Picha

MM piñeiral madeireiro

AE 1

 

4.373

 

 

2.202

687

1.288

1.114

4

MVMC de Silvela exp. 40/75

144

52

Picha

MM piñeiral madeireiro

AE 2

 

 

 

 

1.525

358

3.799

 

5

MVMC de Silvela exp. 40/75

144

29

Picha

MM piñeiral madeireiro

AE 2

475

8.380

 

 

884

212

6.970

285

6

MVMC de Silvela exp. 40/75

144

30

Picha

MM piñeiral madeireiro

 

 

 

 

 

82

 

 

7

Simón Ascariz, Felisa

144

27

Picheira

PD prados ou pradarías

 

 

 

 

61

345

 

 

8

Baamonde Ferro, Redosinda

144

81

Arriba da Chousa

MT matogueira

 

 

 

 

74

374

 

 

9

Peteiro Sánchez, Perfecto

144

57

Arriba da Devesa

MT matogueira

 

 

 

 

202

 

 

 

10

MVMC de Silvela exp. 40/75

144

56

Picha

MT matogueira

 

 

 

 

494

 

 

 

11

Peteiro Sanchez, Perfecto

144

31

Arriba da Chousa

MT matogueira

 

 

 

 

791

1.268

 

 

12

MVMC de Silvela exp. 40/75

370

258

Monte

MT matogueira

MM piñeiral madeireiro

AE 4

450

3.802

 

 

535

930

2.406

 

13

MVMC de Silvela Exp 40/75

370

257

Monte

MM piñeiral madeireiro

AE 4

 

2577

 

 

412

 

1.929

 

14

MVMC de Silvela exp. 40/75

370

259

Monte

MM piñeiral madeireiro

AE 4

 

26

84

 

 

1.217

2.610

 

15

MVMC de Silvela exp. 40/75

370

260

Monte

MT matogueira

MM piñeiral madeireiro

C labor ou labradío secaño

I improdutivo

AE 4

 

1

 

 

 

48

4.545

 

16

Fernández Ferro, Gerardo

370

157

Uceira

MT matogueira

PR prado ou pradarías de regadío

 

 

 

 

 

496

 

 

17

Pérez Barreiro, Aurelio

370

263

Monte Tras Ouceira

MT matogueira

 

 

 

 

 

314

 

 

18

MVMC de Silvela exp. 40/75

370

172

Monte

MM piñeiral madeireiro

I improdutivo

 

 

 

 

 

455

 

 

19

Monte comunal de Silvela (Santa María)

370

173

Monte

FG carballeira

 

 

 

 

 

37

 

 

20

Cabo Ferro, Ángela (hros. de)

370

160

Uceira

MT matogueira

 

 

 

 

 

3

 

 

21

Ferro Penas, Manuel (hros. de)

370

159

Uceira

MT matogueira

 

 

 

 

 

1

 

 

22

Pérez Barreiro, Aurelio

370

134

Carballeira

MT matogueira

 

 

 

 

 

978

 

 

23

Bello Castro, Eladio
Cabado Pérez, María Carmen

370

76

Aira

PD prados ou pradarías

MM piñeiral madeireiro

 

 

 

 

 

83

 

 

24

Roca Tizón, María Soledad
Santos Roca, Verónica
Santos Roca, Alberto

501

15

Marcela - Silvela

C labor ou labradío secaño

PD prados ou pradarías

E pasteiros

 

 

 

 

 

732

 

 

25

Ascariz Vázquez, José Carlos
Ascariz Garea, José Ramón
Vázquez Prado, María Eva

369

74

Mondón

MT matogueira

PD prados ou pradarías

PR prados ou pradarías de regadío

 

 

 

 

 

1.613

 

 

26

Comunal de Veciños de Silvela

368

227

Tras a Casa

MM piñeiral madeireiro

 

 

 

 

 

67

 

 

27

Montecelo Fernández, Celsa

368

229

Picha

PD prados ou pradarías

 

 

 

 

 

177

 

 

28

Blanco Barba, Higinio

368

88

Rega

MM piñeiral madeireiro

 

 

 

 

 

237

 

 

29

Fuciños Rivas, Julio Serafín

368

90

Mondón

MM piñeiral madeireiro

 

 

 

 

 

239

 

 

30

Fuciños Rivas, Julio Serafín

368

91

Rega

MM piñeiral madeireiro

MT matogueira

 

 

 

 

 

423

 

 

31

Gil Moreno, María Manuela
Ferro Gil, Jesús

368

32

Picha Cotón

PD prados ou pradarías

 

 

 

 

 

163

 

 

32

Baamonde Ferro, Jesús (hros. de)

368

31

Cotón

MT matogueira

 

 

 

 

 

48

 

 

33

López Lorenzo, Manuel

368

30

Cotón

PD prados ou pradarías

 

 

 

 

 

197

 

 

34

Ferro Penas, Manuel (hros. de)

368

29

Cotón

PD prados ou pradarías

 

 

 

 

 

9

 

 

35

Cabo Cabado, Josefa

368

20

Monte Revolta

MT matogueira

 

 

 

 

 

17

 

 

36

Fuciños Rivas, Manuel Fernando
Fuciños Rivas, Julio Serafín

368

170

Rego Traveso

MT matogueira

 

 

 

 

 

234

 

 

37

Penas Penas, José Luis

368

108

Casa Vella

MT Matogueira

PD Prados ou pradarías

I Improdutivo

 

 

 

 

 

241

 

 

38

Monte veciñal en man común de Carballo

368

6

Monte Silvela

MT matogueira

PD prados ou pradarías

I improdutivo

 

 

 

 

 

4.082

 

 

39

Sánchez Zas, Delfín

368

145

Revoltón

MT matogueira

PD prados ou pradarías

 

 

 

 

 

13

 

Afeccións en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Subestación (Sub.): subestación eléctrica.

– Torre meteorolóxica (T. met.): plataforma da torre meteorolóxica.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (Ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como amoreamento de materiais, montaxe de guindastres, amoreamento de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.