Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22305

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle de Santa Comba-Currás.

Aprobado inicialmente con data do 16 de abril de 2021 o estudo de detalle de Santa Comba-Currás redactado por Catoure, S.L., referido ás parcelas de referencias catastrais DA0501100NG97G0001RI, 32076A051002930000UG, DA0500800NG97G0001RI, 32076A051004150000UB, 32076A051004820000UB, 32076A051004140000UA, a fin de reaxustar as aliñacións no entorno da igrexa parroquial e cemiterio de Santa Comba. 

En cumprimento do acordo adoptado pola Xunta de Goberno local en sesión do 16 de abril de 2021 e conforme o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello https://sancibrao.sedelectronica.es.

Esta aprobación inicial non implica a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado.

San Cibrao das Viñas, 26 de abril de 2021

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde