Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 37/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 37/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Sobrido Martínez contra Joana Romano Lojo e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza 22/2021, do 2 de febreiro de 2021, ditada no procedemento DSP 442/2020, a favor da executante Sara Sobrido Martínez fronte a Joana Romano Lojo e Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LRXS e conforme solicitou na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza, a letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

Tendo presentando a traballadora Sara Sobrido Martínez escrito en que exixe o cumprimento pola empresaria Joana Romano Lojo da obriga de readmisión, e despachado auto de execución do 9 de abril de 2021, de conformidade ao artigo 280 da LRXS, acordo citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 14 de xuño de 2021, ás 13.50 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que intente valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, declararase que desiste na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da executada Joana Romano Lojo, por medio de edictos, dado que se acha en ignorado paradoiro.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

«Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

Dada conta, vista a petición de proba efectuada pola parte demandante no outrosí digo da demanda, para os efectos previstos no artigo 81.4 da LRXS, acordo respecto da petición de interrogatorio do representante legal da empresa, procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LRXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LRXS).

Para ese efecto, fágaselle saber á parte executada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente, e en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertindo de que, en caso de non comparecer, poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeita declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a resposta dun terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza, a letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Joana Romano Lojo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza