O 29 de marzo de 2021, a xefa do Servizo Técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou realizar unha visita de inspección para toma de datos previa á redacción do proxecto de demolición dunha construción no lugar de Carpazal, Laiantes de Arriba, no termo municipal de Maside, provincia de Ourense.
A dita visita terá lugar o 26 de maio de 2021 ás 10.30 horas.
Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita visita a Manuel Bastos Adriano, mediante esta anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administraciones públicas, notifícase ao interesado a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística