Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de tratamento de augas hidrocarburadas que Sertego Servicios Medioambientales, S.L. posúe no concello de Lalín (expediente 2020-IPPC-M-16).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Revisión de la AAI de la planta de almacenamiento y valorización de residuos de Sertego. Lalín.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ((http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-16.

Peticionario: Sertego Servicios Medioambientales, S.L.

CIF: B83667725.

Enderezo social: Camino de Hormigueras, 171, 28031 Madrid.

Localización da instalación: Polígono Industrial Lalín 2000, rúa F, parcela 3-4-5, 36500 Lalín (Pontevedra).

Actividade: planta de tratamento de augas hidrocarburadas e centro de transferencia de residuos, englobada no anexo do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafes 5.1.b) e 5.6.

Descrición das instalacións: a planta consta dun centro de clasificación e almacenamento de pneumáticos fóra de uso (naves 2 e 3), zona de lavado de bidóns, centro de transferencia de residuos (nave 1), zona de residuos valorizables (silos nave 2) e planta de tratamento de augas hidrocarburadas.

Verteduras:

• As augas residuais fecais están conectadas directamente á rede de sumidoiros do polígono.

• As augas residuais pluviais e as procedentes dos baldeos procedentes do interior e do exterior das instalacións atópanse conectadas á rede de sumidoiros do polígono, logo de pasaren polos separadores de hidrocarburos.

• As augas residuais procedentes do lavado de bidóns son xestionadas por un xestor autorizado.

• As augas residuais industriais xeradas na planta de tratamento de augas residuais hidrocarburadas vértense á rede de sumidoiros do polígono, despois de pasaren por un dos separadores de hidrocarburos.