Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21729

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de abril de 2021, pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixo REACT-UE do orograma operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 76, do venres 23 de abril de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 20552, no primeiro parágrafo, onde di: «O 23 de marzo de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia…», debe dicir: «O 24 de marzo de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia…».

Na páxina 20559, no primeiro parágrafo, onde di: «...continuarán sendo tramitados…», debe dicir: «... continuarán sendo tramitadas...».