No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 273, do 27 de novembro de 2020, con corrección no número 26, do 2 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover varios postos de traballo para xefes/as de servizo.
No Boletín Oficial de Estado número 75, do 29 de marzo de 2021, foi publicada a Resolución do 15 de marzo de 2021, do Concello de Lugo, referente á convocatoria para prover postos de traballo polo sistema de concurso.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 85, do 16 de abril de 2021 foi publicado anuncio relativo á modificación das bases do concurso para a provisión de varios postos de traballo para xefes/as de servizo e estableceuse un novo prazo de presentación de solicitudes, que será de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 19 de abril de 2021
A alcaldesa
P.D. (Acordo número 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos