Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, mediante este edicto anuncio que no presente xuízo verbal 36/2020, seguido por instancia de Medius Collection, S.L., se ditou Sentenza do 26 de febreiro de 2021, que non puido ser notificada á parte demandada Jorge Antonio Paredes Britez por estar en paradoiro descoñecido.
A dita resolución procesual atópase na oficina xudicial deste órgano onde a demandada poderá ter coñecemento íntegro do acto.
Expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en cumprimento do artigo 497 da Lei de axuizamento civil.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021
O letrado da Administración de xustiza