Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 002/2021-RFI e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que comparecesen, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de abril de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

Predio

002/2021-RFI

35358798R

Requirimento por repoboación forestal

A Estrada (Pontevedra)

Polígono 508, parcela 585

011/2021-RFI

76869472E

Requirimento por repoboación forestal

A Estrada (Pontevedra)

Polígono 516, parcela 598

012/2021-RFI

76869472E

Requirimento por repoboación forestal

A Estrada (Pontevedra)

Polígono 516, parcela 605