Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21941

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1163/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1163 /2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Arca García contra Salus Externalización, S.L., Juan José Pérez Miragaya, con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza número 63/2021 con data do 2 de febreiro de 2021 estimando parcialmente a demanda e contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún, por razón da contía. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Salus Externalización, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza