Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21573

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 72/2021, do 29 de abril, polo que se nomea directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria a María Estrella López-Pardo Pardo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil vinte e un,

Nomeo directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria a María Estrella López-Pardo Pardo.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade