De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a José Manuel Sertal Solla, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución da Presidencia de Portos de Galicia, do 7 de abril de 2021, que declara en situación de abandono a embarcación de nome Chola, con matrícula 7ª-BA-2-299, depositada en nave de depósitos do porto de Tragove, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A resolución emítese por encontrarse a embarcación depositada na nave do porto de Tragove, onde foi trasladada en decembro de 2019 por encontrarse en estado de abandono e semiafundida no porto das Corvaceiras (Pontevedra), con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.
De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai a proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.
Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritaxe serán por conta do propietario.
Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021
Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia