Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «OH.232.820. Actuacións de mellora do abastecemento en Lobios. Lobios (Ourense)».

Clave do expediente: GA.20101.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 7.735,00 euros. Importe total: 9.359,35 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.800,00 euros. Importe total: 7.018,00 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

b) Título: apoio á dirección facultativa na execución da obra hidráulica «OH.232.820. Actuacións de mellora do abastecemento en Lobios. Lobios (Ourense)».

Clave do expediente: GA.20102.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 11.806,70 euros. Importe total: 14.286,11 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.190,00 euros. Importe total: 9.909,90 euros.

Empresa contratista: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior cofináncianse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia