Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: substitución dos apoios A2RDB03U e A2OL17HT da LMT MOS705.
Situación: Mos.
Características técnicas: substitución do apoio A2RDB03U da LMT MOS705 por un C-3000/14, no cal se instala un telecontrol, e do A2OL17HT por un C-1000/14. LMT aérea a 15 kV, con condutor LA-56, de 136 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-3000/14 proxectado e final no apoio C-1000/14 proxectado. A instalación está situada no lugar de Codeseira, Tameiga, Mos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203 do 25 de outubro, esta xefatura territorial
RESOLVE:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme ao establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 8 de abril de 2021
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial