Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Maside (expediente IN407A 2021/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, das instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Faquín (Maside).

Situación: concello de Maside.

Características técnicas: LMT, a 20 kV, de acometida a CT proxectado, en condutor tipo LA-56; con retensado de condutor existente LA-30 no cantón entre apoios números: 68-B-43-14 e 68-B-43-17 (302 m), con orixe na LMT CNO807, apoio nº 68-B-43-15, que pasa de HV a C A-AL 14/2000-H35-CA/C e final no apoio con CT proxectado.

CT lugar de Faquín de 50 kVA, para instalar sobre apoio de tipo C-FL 12/2000-H35-CA; coordenadas UTM ETRS89 H29 X 581.173/Y 4.698.474. Illamento aceite mineral, situación intemperie.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 7 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/35-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Faquín (Maside).

Concello: Maside.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parcela

proxecto

Propietario/a

Referencia

catastral

Lugar

Cultivo

Apoios nº

Superficie

Apoio (m2)

Voo

Servidume de voo (m2)

1

Ángeles Vázquez González

32046A005003980000GD

Hermida

Prado

6B-43-15

10

6

66

2

Descoñecido

32046A005003990000GX

Hermida

Labor

6

77

3

Ángeles Vázquez González

32046A005004000000GX

Hermida

Prado

-

-

-

50

4

Descoñecido

32046A005004010000GI

Hermida

Labor

-

-

-

16

5

Perfecto Rodríguez García

32046A005004030000GE

Hermida

Monte alto

-

-

4

59

6

Perfecto Rodríguez García

32046A005004040000GS

Hermida

Monte alto

-

-

15

208

7

Descoñecido

32046A005004020000GJ

Hermida

Prado

-

-

16

8

Perfecto Rodríguez García

32046A005004080000GW

Hermida

Prado

-

-

4

45

9

Perfecto Rodríguez García

32046A005004080000GW

Hermida

Prado

-

-

5

46

10

Perfecto Rodríguez García

32046A005004070000GH

Hermida

Labor

-

-

1

95

11

Descoñecido

32046A005004090000GA

Hermida

Prado

-

-

15

12

Descoñedico

32046A005004100000GH

Hermida

Monte baixo

-

-

36

14

Descoñecido

32046A005004110000GW

Hermida

Monte baixo

-

-

57

16

Descoñecido

32046A005004140000GY

Hermida

Monte baixo

-

-

15

233

17

Descoñecido

32046A005004150000GG

Hermida

Monte alto

-

-

5

71

18

Juan Bóveda Fernández

32046A005009380000GR

Seixo

Monte alto

68-B-43-15-1

2

61

803

19

Juan Bóveda Fernández

32046A005004240000GM

Hermida

Monte alto

-

-

180

21

Juan Bóveda Fernández

32046A009000790000GD

Carballeira

Monte baixo

68-B-43-15-2

2

86

1.343

22

María de Francisco González

32046A009000780000GR

Carballeira

Prado

-

-

20

352

23

Descoñecido

32046A009000750000GM

Carballeira

Labor

-

-

14

228

24

Cesario Rodríguez Otero

32046A009000740000GF

Carballeira

Labor

68-B-43-15-3-CT

14

2

9