Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21484

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 20 de abril de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as empregados/as públicos que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, 15781 Santiago de Compostela), nas súas áreas provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non se terán en conta.

Quinto- Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo correspondente que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Se no prazo de dous (2) meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puider incorporar á comunidade autónoma, considerarase deserta a cobertura do posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta a cobertura do posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte dias hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido o artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: MA.O11.00.005.15770.001.

Denominación: Dirección Técnica Xestión Económica e Orzamentos.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.

Complemento específico: 23.026,22.

Forma provisión: LD.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición Administración: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file