Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a finalización do procedemento do expediente sancionador SAN-LU-0080/2020-BA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 14 de abril de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0080/2020-BA.

CIF/NIF interesado/a: 33318167E.

Acto notificado: finalización do procedemento.