De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso perante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no BOE no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido este prazo sen ter presentado o recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.
Ourense, 9 de abril de 2021
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: MON-OU-96/2020-CSA.
Persoa interesada: 76728980Z.
Acto de notificación: resolución de expediente sancionador e impreso de pagamento.