Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 89/2019).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 89/2019 deste xulgado se ditou Decreto do 7 de abril de 2021, contra o que se pode interpor recurso de revisión.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Colegio Junior’s, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza