En virtude da Resolución do 7 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo), en que se fixeron públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),
DISPOÑO:
Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, ás seguintes persoas aspirantes:
DNI |
Apelidos e nome |
Motivo da exclusión |
***9325** |
Barja Suárez, Sonia |
43 (desistencia da solicitude) |
***6679** |
Fernández González, Isabel |
43 (desistencia da solicitude) |
***4442** |
Torrón Ramos, María del Mar |
43 (desistencia da solicitude) |
As persoas anteriormente indicadas quedan excluídas da relación definitiva de aspirantes admitidas ao dito proceso selectivo.
Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública