Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 13 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 195/2020 fronte á Orde da Consellería de Facenda, do 4 de novembro de 2019, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e fronte á Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 195/2020 fronte á Orde da Consellería de Facenda, do 4 de novembro de 2019, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e fronte á Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (publicadas no DOG núm. 213, do 8 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública